Quantcast
Channel: Eventos de Fundacion Mujeres
Viewing all articles
Browse latest Browse all 2093

XIX Encontro de Emprendedoras e Empresarias na Coruña

$
0
0

O xoves, 20 de xuño, coincidindo co remate do Curso de Creación de Empresa organizamos o XIX encontro de Emprendedoras e Empresarias. Esta xornada está financiada polo Ministerio de Trabajo, Migraciones y Seguridad Social e Fondo Social Europeo, dentro do programa "Dana. Empleo y Emprendimiento en Igualdad"

 

Unha vez máis, reunímonos para compartir experiencias no Centro Municipal de Empresas Accede Papagaio da Coruña. ​

 
Nesta edición falaremos e debatiremos sobre a Economía Social: Sabes que é a axenda 2030? Queres saber mais?

O programa ten os seguintes contidos:

  • Inauguración.
  • Mesa institucional e introdución temática EMPRESA SOCIAL
  • Panel de emprendedoras de Fundación Mujeres (alumnas do CCE)
  • A miña empresa nun minuto (Empresarias que desexen compartir os seus proxectos con nós, salientando o enfoque social do proxecto)
  • Descanso
  • Panel de Empresarias: Mulleres Empoderadas e Economía Social
  • Espellos nos que mirarnos. Empresarias Sociais e boas prácticas.
  • Clausura

 

Inscríbete aquí

 

Mais información:

asesoriagalicia@fundacionmujeres.net

981294097

 
Vémonos alí!

Viewing all articles
Browse latest Browse all 2093

Trending Articles