Quantcast
Channel: Eventos de Fundacion Mujeres
Viewing all articles
Browse latest Browse all 2093

GIRA Mujeres en A Coruña

$
0
0

En maio e xuño levamos de novo á Coruña o proxecto GIRA Mujeres, co obradoiro presencial "Encuentra tu ruta". Haberá dúas edicións, en horario de 9:30 a 14:30:

  • 30 e 31 de MAIO no Centro Cívico Eirís (Rúa Terranova de Eirís, 7)
  • 13 e 14 de XUÑO no Centro Cívico Castrillón (Praza Pablo Iglesias, s/n)

Con esta formación traballarás o teu empoderamento persoal e a búsqueda ou definición da túa idea de negocio. Unha vez realizada esta formación presencial, podes continuar traballando coa formación online sobre modelo canvas, e así optar ao premio de 3.000€ de capital social para a posta en marcha da túa empresa. 

 

Alumnas de anteriores edicións opinan:

 

"Satisfíxome moito a empatía, cordialidade e proximidade das formadoras; e sobre todo a forma de pór en valor as nosas capacidades que a miúdo non sabemos sacar cara a fóra".

 

"Encantada co taller, tanto pola iniciativa como pola forma de dalo".

 

 Se estás pensando en emprender, ou comezando a planificar o teu proxecto...

Non o dubides: fórmate connosco!

 

Queres máis información? Contacta con asesoriagalicia@fundacionmujeres.net ou 981294097


Viewing all articles
Browse latest Browse all 2093

Trending Articles