O martes 19 de decembro reunímonos de novo na Coruña nunha xornada sobre emprendemento, no marco do proxecto Activa Tu Emprendimiento cofinanciado polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social e o Fondo Social Europeo.
A xornada, titulada "Xestionando a túa marca persoal", celebrarase en horario de 9:30 a 14:00h no Centro Municipal Accede Papagaio da Coruña, e temos preparado un interesante Programa:
- información sobre recursos para emprender
- minuto de ouro para empresarias: as asistentes presentarán a súa empresa
- presentación de novos proxectos de emprendedoras
- café networking
- charla "Íntimo y personal. Crea una marca que enamore" impartida pola experta en marca persoal Mapi Báez.
Para asistir, unicamente has de cobrir este formulario: INSCRÍBETE!!!
Vémonos alí!