Quantcast
Channel: Eventos de Fundacion Mujeres
Viewing all articles
Browse latest Browse all 2093

eSPA "Quen son as persoas refuxiadas? Cando o teu país non é un lugar seguro"

$
0
0

Dirigido a:

Mulleres da comunidade autónoma de Galicia que sexan ou teñan sido coidadoras de persoas dependentes no ámbito familiar, especialmente usuarias de Cuidadanas
 
Requerimientos técnicos: Dispor de móvil ou PC con conexión a Internet para poder acceder á sesión de Google Meet.
 
Número máximo de prazas: 20 prazas 
 

Data de celebración:

  • Xoves 18 de febreiro 10:30 a 12:30 
 
Prazo de inscrición: Ata o 11 de marzo de 2021.
 
 
Nesta charla, que levaremos a cabo o vindeiro xoves 18 as 10:30 en modalidade on line, da man de Sofía Cifuentes, Técnica de primeira acollida en ACCEM Coruña, falaremos sobre a orixe da palabra "refuxiado/a", reflexionaremos sobre quén son esas persoas que adoitamos ver pola tv, poñendo o foco nas mulleres e as súas motivacións para deixar atrás as súas familias, amizades, empregos... veremos algúns datos en España así como recursos existentes na Coruña para apoiar a estas persoas e tamén falaremos sobre que cousas podemos facer nós para axudar a persoas que se atopan nesta situación, achegando unha mirada crítica e desmontando falsas ideas que, frecuentemente, danse ao redor delas. 
 
Se estás interesada en participar, apúntate a través do formulario de inscripción ou, se tes algunha dúbida ponte en contacto con nos a través do teléfono 981 294 097 (ext. 6001) ou envía un correo a saicgalicia@fundacionmujeres.es e explicaremosche cómo participar.
 
 
Esperámosche!
 
 
 
 
 
 

 


Viewing all articles
Browse latest Browse all 2093

Trending Articles